Verdillo exhibe o seu poderío na Ruada das Cereixas

Verdillo exhibe o seu poderío na Ruada das Cereixas
Un momento da Ruada das Cereixas de Verdillo este sábado I Raúl López

A parroquia carballesa de Verdillo aposta por conservar a súa tradición oral, e así o demostrou este sábado na Ruada das Cereixas, cunha exhibición de todos os grupos da asociación cultural Arume. Aínda que finalmente a festa non puido ser no coñecido como o Xardín das Cereixas, onde antigamente se facían estas celebracións, polas inclemencias do tempo, trasladouse ao local social, ao seu particular Salón das Cereixas, moi concurrido e cheo de música durante toda a tarde. 


As asociacións Cultural e Xuvenil de Arume quixeron renderlle onte a súa particular homenaxe ás mulleres tocadoras de Verdillo como Melia de Bardanca, Consuelo dos Queixos, Jesusa de Serrano, María García, Clarisa e Pepa de Esmorís, Ermitas de Lola, Manuela e Generosa de Mallo ou Dosinda de Fontes e Susa de Mighel. Elas tiveron un importante papel na difusión e conservación da música popular e así o queren seguir mantendo. 


Os veciños festexaron xuntos, rememorando os tempos de antano, as cantigas que durante moito anos se escoitaban nesta parroquia carballesa, con mulleres pioneiras neste campo. A Ruada das Cereixas organizouse co motivo da programación das Letras Galegas, cunha intensa actividade no concello de Carballo.

Verdillo exhibe o seu poderío na Ruada das Cereixas

Te puede interesar