Gadis rende a súa particular homenaxe ás cantareiras

Gadis rende a súa particular homenaxe ás cantareiras
Participantes na presentación do proxecto do Gadis

Gadis súmase á conmemoración do Día das Letras Galegas e onte presentou as súas propostas no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Renderá a súa propia homenaxe ás cantareiras cun orxinal proxecto, “Foliada!”, para o que reuniu a cinco escritoras e outras tantas ilustradoras galegas, que plasmaron a súa particular visión da cultura popular galega. 


Esta edición especial consta de cinco láminas, que combinan literatura, música e ilustración e recóllense nunha caixa deseñada a modo de vinilo musical. Ledicia Costas, Yolanda Castaño, María Solar, María Lado e Esther F. Carrodeguas son as autoras desta visión moderna das históricas cantigas. En cada lámina recóllese unha composición tradicional, o texto coa interpretación contemporánea e unha ilustración, obra das artistas Laura Tova, Laura Mahía, Xoana Almar, María Montes e Iria Fafián.


Gadis regalará 30.000 unidades deste traballo nos supermercados de Galicia 16 de maio. Tamén se repartirán 40.000 bolsas da compra de papel reciclado cunha chiscadela ás figuras das Letras Galegas homenaxeadas este ano: as pandereteiras de Mens, Adolfina e Rosas Casás, e Eva Castiñeira.


Na iniciativa colabora a Xunta de Galicia. O conselleiro de Cultura, José López Campos, participante nesta presentación destacou o papel da cadena de supermercados e o seu compromiso coa terra. “Quero destacar o papel de Gadis na súa implicación e compromiso coa nosa cultura, é importantísima esa conexión entre a actividade económica e o ámbito social”, subliñou o conselleiro, acompañado do secretario da Lingua, Valentín García, ademais de José Luís Fernández Astray, Melisa Plagiaro e Alexandra Kuntz, de Gadisa. 

Gadis rende a súa particular homenaxe ás cantareiras

Te puede interesar