Festa da Carballeira de Zas: catro décadas de música e tradición

Festa da Carballeira de Zas: catro décadas de música e tradición
Carteis da Festa da Carballeira expostos diante do concello de Zas / Mar Casal

A Festa da Carballeira de Zas ten unha historia que bebe da terra, xa que naceu dunha antigua festividade do Santísimo Sacramento, cando a veciñanza se xuntaba na Festa da Carballeira do Souto para compartir unha merenda ao son da música tradicional. Esta tradición desapareceu durante un tempo, pero foi recuperada a mediados dos anos 80 grazas ao impulso dunha veciñanza comprometida coa cultura e co territorio. 


Dende entón, o festival non deixou de medrar, sendo no 2016 cando se extendeu a programación a dous días. Nese mesmo ano a gastronomía converteuse nun dos grandes atractivos do festival, incorporando a tradicional mexillonada popular, que reparte máis de 500 kilos de mexillóns de balde.


A capacidade do evento é outro dos seus grandes logros. Só na edición de 2024, máis de 5.000 persoas se deron cita na xornada do sábado, cun incremento medio cada ano que ronda o 30 por cento.


Un dos aspectos a destacar da Festa da Carballeira é o seu carácter interxeracional. Moitos comezaron a ir cando eran cativos e co paso dos anos seguen volvendo. Ademais, a Festa da Carballeira ofrece actividades tan diversas como unha feira de artesanía, un mercado ecolóxico e unha zona infantil. Tamén supón un motor de dinamización social e económica para Zas e toda a Costa da Morte. Durante a fin de semana do festival, o sector hostaleiro, os comercios e os servizos locais experimentan unha alta actividade.
O festival tamén é pioneiro no seu compromiso co medio ambiente, xa que desde 2016 os vasos reutilizables forman parte da experiencia da festa. 


O cartel do festival é un dos seus grandes símbolos. O que comezou con grupos locais e formacións tradicionais galegas, hoxe conta con artistas de renome internacional. Esta 40ª edición será o venres e o sábado. As entradas, á venda en ticketrona.com. 

Festa da Carballeira de Zas: catro décadas de música e tradición

Te puede interesar