O artista Xabier Díaz presentou o seu “Cancioneiro Galego Serodio” o pasado martes en Vimianzo, un acto no que reuniu a un cento de persoas, na programación das Letras promovido pola Deputación. Ademais da alcaldesa Mónica Rodríguez; a deputada de Lingua, Soledad Agra, membros da Corporación e veciños, no acto estivo unha das informantes do músico nos anos 80, Carmen Limideiro, do lugar de Berdoias, que onte puido cantar con él.
O acto foi toda unha homenaxe ás cantareiras polas Letras, representadas en Vimianzo por esta cantareira. Tamén asistiron varias integrantes da agrupación de música e baile tradicional Trubisquiña. Rodríguez e Agra destacaron a importancia de preservar a cultura popular.