Vimianzo rende homenaxe aos emigrantes polas Letras Galegas

Vimianzo rende homenaxe aos emigrantes polas Letras Galegas
Cartel do espectáculo "Galego"

O Concello de Vimianzo prepara para as Letras Galegas a proposta escénica “Galego”, de Gabriel Fernández e Julio Molina. A actuación será o venres 16 de maio na Casa de Cultura, con entrada gratuíta. 


A obra foi declarada de interese cultural pola cidade de Bos Aires, recoñecemento que subliña o seu valor e que pon de manifesto a importancia da identidade galega na diáspora. Na peza relátase a historia dun home maior, migrante, que desprega a súa memoria nun presente que o interpela. O texto inspírase en narracións orais e investigación documental. 
A obra conxuga teatro, memoria e identidade e rende unha homenaxe a todos os emigrantes.

Vimianzo rende homenaxe aos emigrantes polas Letras Galegas

Te puede interesar