lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Paradoxo da privacidade

As tecnoloxías de datos, iso que agora coñecemos co anglicismo “big data”, son ferramentas que permiten recompilar, almacenar e analizar grandes cantidades de información con fins diversos, desde a optimización de procesos ata o tratamento persoal individualizado de servizos. Con todo, estas tecnoloxías tamén expoñen unha serie de paradoxos en relación coa privacidade das persoas cuxos datos son utilizados. Por unha banda, arguméntase que o uso dos datos é beneficioso para a sociedade e que os individuos non teñen nada que temer se non teñen nada que ocultar. 
 

Doutra banda, denúnciase que o desenvolvemento do sector que fai acubillo de datos polas mastodónticas empresas do ámbito tecnolóxico está marcado polos intereses privados das elites económicas e políticas que o xestionan de forma despótica e contra a soberanía popular. 
 

Así, prodúcese unha situación na que os datos se converten nun recurso valioso e estratéxico para o poder, pero tamén nun risco para os dereitos e liberdades das persoas. Ante este escenario, exponse varios desafíos para o “big data”, como a necesidade de talento especializado, a calidade e veracidade dos datos, a súa correcta regulamentación e protección; e tamén o cambio dinámico e constante da contorna tecnolóxica. 
 

Estes desafíos requiren unha reflexión crítica sobre o papel das tecnoloxías de datos na sociedade e unha participación activa e responsable de todos os actores implicados. 
 

Reparemos na publicación dun estudo, “O paradoxo da privacidade na web social: o impacto das preocupacións sobre a privacidade, as características individuais e a relevancia social percibida en diferentes formas de realización persoal”, demostración de que as persoas estamos cada vez máis informadas, máis concienciadas dos riscos aos cales nos expón o mundo dixital e máis preocupadas pola nosa privacidade ou pola protección dos nosos datos persoais, un dereito fundamental, pero non actuamos en consecuencia, non deixamos de usar plataformas sociais, dispositivos móbiles nin modulamos a nosa forma de compartir información. 
 

A acumulación e a explotación dos nosos datos obstaculiza a capacidade propia de protexer libremente os nosos dereitos. Precisamente porque a causa do problema; isto é ,a falta de privacidade e de protección dos nosos datos, non radica en características nin en comportamentos de quen o sofre, todo o mundo. Non ten sentido buscar a explicación ao paradoxo en aspectos persoais. O persoal, como ben sabemos, é problema político.
 

As tecnoloxías “big data” vólvense opacas e imprevisibles e a cidadanía perde o coñecemento e o control sobre elas. É a dominación a través dos datos. 
 

Unha crecente desigualdade social que obstaculiza a capacidade da cidadanía de exercer o seu dereito fundamental á privacidade, á liberdade e á protección. Un reto para o control político dos oligopolios que controlan a Internet.

Paradoxo da privacidade

Te puede interesar