A Roda actúa este venres en Laxe

A Roda actúa este venres en Laxe
Grupo A Roda / A Roda-Xesús Alonso Montero

O Concello de Laxe, xunto coa Comisión de Festas, anuncia que este xoves terá lugar na praza Ramón Juega o concerto do histórico grupo A Roda, a partir das 22.30 horas. Este evento enmárcase na programación cultural e festiva do verán en Laxe e conta co apoio da Deputación da Coruña e da Xunta, que colaboran para seguir promovendo a música e as tradicións galegas.

 

A Roda é un dos grupos máis emblemáticos da música popular de Galicia e chega a Laxe para ofrecer un espectáculo cheo de identidade, festa e recordos, no Día de Galicia. O concerto será de acceso libre e gratuíto, pensado para todos os públicos, e promete unha noite inesquecible para veciñanza e visitantes.

Dende o Concello de Laxe convidamos a toda a cidadanía a participar nesta xornada tan especial e a gozar da cultura galega en vivo e en directo.

A Roda actúa este venres en Laxe

Te puede interesar