Premios do Certame Asunción Antelo e concerto de corais para festexar as Letras en Coristanco

Premios do Certame Asunción Antelo e concerto de corais para festexar as Letras en Coristanco
Unha homenaxe anterior a Asunción Antelo

O Concello de Coristanco ven de convocar o X Certame Artístico Literario “Asunción Antelo”, dentro da programación das Letras Galegas, en memoria da coñecida como Rexubeira de Bergantiños. Os premios entregaranse nun acto público o 17 de maio, na Casa de Cultura, tras a deliberación do xurado,   composto por profesionais do ámbito literario e membros dos equipos de normalización lingüística dos centros educativos participantes. 


Con este certame búscase promover a creación artística e literaria entre o alumnado e fomentar o uso da lingua galega como vehículo de expresión cultural. Nesta edición  participaron estudiantes de diferentes niveis educativos, que presentaron obras nas modalidades de poesía, narrativa, monografía, comíc e expresión artística; amosando unha vez máis a riqueza creativa e o compromiso coa lingua propia.
Despois da entrega de premios, o Concello presentará a obra “As nosas letras” a cargo do Mago Teto, para render homenaxe á cultura galega e ás tradicións. 


O mesmo día pola tarde a Casa de Cultura acollerá outro acto festivo, o XX Concerto das Letras Galegas, organizado pola Coral Santa Cecilia de Coristanco, que este ano terá como participantes a Coral Francisco Añón de Serra de Outes e as Pandereteiras de Cances. O concerto dará comezo ás 19.00 horas, con entrada libre e gratuita ata completar aforo. 

Premios do Certame Asunción Antelo e concerto de corais para festexar as Letras en Coristanco

Te puede interesar