Remata en Carballo o curso de verán sobre a lingua e as redes sociais

Remata en Carballo o curso de verán sobre a lingua e as redes sociais
Esther Estévez, á esquerda, e Ángeles Pacoret, no curso de verán I Marema

O XVII Curso de Verán sobre dinamización lingüística, organizado pola Universidade da Coruña (UDC), co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e o Concello de Carballo rematou este mércores. Destacados especialistas analizaron nestes dous días o uso da lingua galega a través das redes sociais e o seu papel como canle de difusión e divulgación.


Nesta última xornada houbo mesas redondas sobre a utilización da lingua, co título “Galego para todo”, e tamén no contexto das novas tecnoloxías no xornalismo, como son os podcast ou o papel das redes sociais, sobre todo entre os máis novos. As redes sociais e a divulgación científica foi outro dos asuntos abordados, onde se incidiu o impacto que están acadando estas novas formas de comunicación. 
Tamén participou no curso Esther Estévez, a popular presentadora de “Dígocho eu”, o programa da Televisión de Galicia que fomenta o uso da lingua. 
 

Remata en Carballo o curso de verán sobre a lingua e as redes sociais

Te puede interesar