A organización da nova edición do Día do Pequebasket, a número 11, que se celebrará o vindeiro 17 de maio en Carballo, pechou a inscrición con 42 equipos e máis de 450 participantes. Cubriuse así a totalidade das prazas, superando de novo as expectativas da Escola Basket Xiria.
Entre os participantes e as personas acompañantes calcúlase que unhas 2.000 personas se trasladarán á localidade no Día da Letras Galegas. Dende a organización destacan a importancia do evento “onde unimos deporte, cultura e turismo”, para os negocios e a hostelería local, que tamén colaboran na organización.
A presentación do evento será o vindeiro mércores 14 de maio, onde se darán todos os detalles sobre os equipos, clubes, participantes e patrocinadores que estarán presentes neste novo Día do Pequebasket en Carballo.