O carballés Freixeiro Mato, gaña o Premio Rosalía de Castro pola labor de promoción da lingua

O carballés Freixeiro Mato, gaña o Premio Rosalía de Castro pola labor de promoción da lingua
Acto de entrega dos premios este venres I D. C.

A Deputación da Coruña fixo entrega este venres do XVI Premio Rosalía de Castro, convocado pola área de Lingua da entidade provincial para recoñecer iniciativas, traballos e traxectorias comprometidas coa promoción e dignificación da lingua galega. O filólogo e catedrático emérito, o carballés Xosé Ramón Freixeiro Mato foi un dos premiados no certame, xunto con Ponte nas ondas! e os proxectos CeibaRimas e Galego para peques. Onte recolleron os galardóns da mandeputada de Lingua, Sol Agra, nun acto que contou tamén coa actuación musical de Faia.


A deputada salientou o traballo de todas as propostas premiadas, que “son parte, orgullo, manteñen o facho aceso, non se renden ás estatísticas nin ao pesimismo, e pertencen aos miles de persoas que son conscientes da importancia que ten actuar cando todo se pon en pon en contra”. “E para iso”, engadiu, “naceron estes premios, para visibilizar, para dar a coñecer, para apoiar tamén economicamente, porque todo é pouco para gratificar o traballo que facedes pola nosa cultura e identidade, e ese é o noso compromiso mentres formemos parte desta institución que non pode lexislar”.


Sol Agra agradeceu o traballo dos premiados afirmando que é “un  orgullo premiarvos, porque vos sodes un premio para todas as persoas que amamos a nosa lingua. O voso traballo énchenos de esperanza e de gratitude; porque o voso esforzo, a vosa dedicación, a vosa defensa do noso ben máis prezado como nación, é para nós unha referencia, motivo de alegría e celebración”.  


O xurado estivo composto polas persoas premiadas o ano anterior, Pilar García Negro; Arcadio González, do Aquí tamén se fala e Mariló Candedo, da Nova Escola Galega e a técnica de normalización lingüística da Deputación Dores Sánchez, que actuou como secretaria no xurado.

O carballés Freixeiro Mato, gaña o Premio Rosalía de Castro pola labor de promoción da lingua

Te puede interesar