Turistas de Valladolid insultan á guía de Dombate por usar o galego chamándolle "cateta" e "imbécil"

Turistas de Valladolid insultan á guía de Dombate por usar o galego chamándolle "cateta" e "imbécil"
Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños

Iria, a guía do dolmen de Dombate, en Cabana, denunciou insultos dun grupo de turistas de Valladolid por empregar o galego nunha das visitas guiadas do pasado sábado, e que incluso a intentaron agredir. A moza indicou na súa conta da rede social X que “empezaron a berrarme, chamarme cateta, imbécil, mandarme á merda, dicir que o idioma do país era o español, a agarrarme do brazo para que os escoitase, rodeándome, e a dicirme que ían poñer unha queixa”.


Ante os feitos, tivo que chamar  ao servicio de seguridade do dolmen para que intervise e botounos fóra. A moza quere agradecer o apoio recibido por parte doutros integrantes do grupo. “Quero agradecer publicamente ao chaval da Coruña e ás chavalas de Granada que me consolaron despois dun ataque de fodechinchos”, escribiu  Iria en X.

 

Apoio da Deputación


A Deputación da Coruña, propietaria do dolmen, expresou o seu compromiso coa lingua e o seu uso en todos os espacios públicos, ademais de mostrar “tolerancia cero” coa falta de respeto ao galego como ocorreu neste caso. Lembrou que a normativa establece o galego como lingua oficial da comunidade e reitera a súa condena a feitos coma este. “O uso do galego nos espazos patrimoniais é tamén unha ferramenta para reforzar a autenticidade da experiencia turística”, indica. "Porque a lingua é o noso maior patrimonio", engaden dende o organismo provincial. 

 

Insisten en que continuarán traballando "para garantir que o galego teña presenza plena e digna en todos os ámbitos da vida pública, especialmente nos espazos da nosa titularidade, e prestaremos apoio ás profesionais que sufran calquera tipo de vulneración dos seus dereitos lingüísticos ou de calqueira outro tipo". 


 

Turistas de Valladolid insultan á guía de Dombate por usar o galego chamándolle "cateta" e "imbécil"

Te puede interesar