María Silva, de Langueirón e Manuela Ángela Tomé (Lelucha), de Muíño, no municipio de Zas, foron as protagonistas este xoves na XIX Semana Cultural do IES Maximino Romero de Lema de Baio, onde compartiron coa comunidade educativa a sús experiencia de a súa paixón pola música e a poesía cultural.
As dúas cantareiras abriron o acto cunha pandeirada, enchendo o ambiente de música. Logo houbo una charla distendida cos asistentes, na que confesaron que aprenderon a tocar e cantar de xeito natural nas súas casas, simplemente escoitando. Daquela tampouco tiñan unha pandeireta propia, polo que se xuntaban varias para mercar unha, que logo compartían nas foliadas.
Comezaron a tocar con 14 ou 15 anos, unha afección que retomaron moito tempo despois. Lelucha confesou que pasou case corenta anos sen tocar. Casou, tivo fillos e moito que traballar e non había moito tempo para a diversión. Cando o retomou sentiu que iso nunca deixara de formar parte dela. Un ritmo que lles gusta moito e que lles fai rir é o “chiquichi”, pero tamén gozan con outras pezas como o vals e a rumba, segundo contaron nesta xornada.