A VIII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose rematou o sábado coa entrega de premios. A gran gañadora foi a comedia “Pan con chocolate”, do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros (Lugo), que acadou tres premios: mellor obra elixida polo xurado e polo público e obtivo o premio do Centenario Labarta Pose. Ademais, como mellor actor elixiron a Juan de Culán, desta agrupación.
O segundo premio foi para “Camiños e carreiros”, de Andaravía Teatro; o terceiro para “Heroínas cotiás”, de Muiñeiras do Vento; o cuarto para “Perdón que che chapuse”, de Quenchedera; e o quinto para “Segredos de familia e licor café”, de Martabelas. Como mellor actriz, Liliana Costoya, de Camiños e Carreixos. Ademais, na mesma tarde a Escola Municipal Sen Tempo Teatro estrenou “O home do sofá”, con moito éxito e moitas risas entre o público.