O Couto énchese de cultura neste 17 de maio

O Couto énchese de cultura neste 17 de maio
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre nunha edición anterior no Couto I AEC

A aldea de O Couto, en Ponteceso, convértese de novo nun estoupido de cultura durante este sábado 17 de maio, co seu tradicional Festiletras. Desde primeira hora haberá actividades de todo tipo, que inaugura Fina Casalderrei lembrando a “Alba de Gloria” de Castelao e a interpretación musical de Icía Varela na honra das cantareiras homenaxeadas. 


Despois haberá obradoiros, exposición e venda de libros, xogos tradicionais ou a popular Cova Céltica, coa participación de varios autores. Tamén se celebrará unha misa en galego na igrexa de San Tirso, ofrenda floral, e, antes de rematar a xornada (19.00 horas) farase a entrega dos premios Bos e Xenerosos, que este ano recaen nas agrupacións folclóricas Aturuxo, Leilía, Milladoiro e Antón Luís Santamarina Fernández. O acto estará acompañado de música de Blanca Represas e a voz de Irma Macías. 


A xornada rematará con música en galego. Para abrir boca comezará a Asociación Cultural A Fuliada de Betanzos, e porán o broche de ouro os concertos de Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre e Catuxa Salom. A aldea do Couto celebra de novo as Letras Galegas neste 17 de maio cunha intensa actividade, rendendo así tributo á nosa cultura popular no seu día grande.

O Couto énchese de cultura neste 17 de maio

Te puede interesar