Transición ecolóxica

A vida cotiá proporciónanos a oportunidade de realizar pequenas accións que traen cambios positivos para nós e para a nosa contorna. Para o medio natural vital do que nos alimentamos e no que vivimos. Coidalo, preservando a súa esencia medioambiental, é básico para apuntalar a propia supervivencia da especie humana que está nun punto de inflexión de imposíbel retorno de non mudar radicalmente a deriva na que estamos metidos por causa dos perversos efectos do proceso industrial e do desenvolvemento económico dunha estratexia guiada polos capitalistas que buscan o lucro e beneficio privado no canto de mirar polo interese colectivo, coa complicidade dos gobernos.
 

Por iso, o que semella un pequeno xesto como é o caso da recollida de lixo e o seu reciclaxe, cobra unha dimensión estratéxica e fai que limpar espazos públicos sexa unha tarefa que nos interesa, e beneficia, a todas e todos. Se tomamos conciencia e non permitimos que haxa lixo na contorna onde vivimos lograremos un cambio notable que fará moito máis agradable e respirábel a nosa comunidade. Bondade no desfrute e aínda máis na pedagoxía para que provoque exemplo noutros.
 

Velaí a dimensión, outro ano máis, e xa van alá quince, da campaña “Móllate polos Ríos”, impulsada pola 

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, no marco do Proxecto Ríos, que mobilizará a centos de voluntarios e voluntarias que se “mollarán polos ríos” e acudirán a unha nova edición da limpeza simultánea de ríos galegos, abarcando nada menos que a 42 concellos diferentes, para deixalos libre de lixo.  Unha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social na están implicadas como participantes 61 entidades, entre asociacións, concellos, centros de ensino e, loxicamente, os colectivos ecoloxistas.  Así, ADEGA, a entidade responsábel da coordinación desta acción, promove un programa de educación que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar a súas problemáticas e motivar á responsabilidade das persoas na do mantemento e mellora dos ríos proporcionándolle ferramentas para esta labor social básica. Un pequeno paso de cada persoa que é un gran avance para toda a humanidade nese grande repto que é a transición ecolóxica. Unha cuestión aberta que se vén construíndo dende tempo atrás ás alancada, malia os atrancos dos poderosos. Vital pretensión que poida non suceder porque a súa materialización pode ter tantas claves e variacións no seu posíbel avance que pecha moitas posibilidades a medida que vai superando o seu punto de retorno. A única saída á crise climática.

Transición ecolóxica

Te puede interesar