Malpica énchese de libros e de música polas Letras Galegas

Malpica énchese de libros e de música polas Letras Galegas
Foliada hai unhas semanas en Seaia, en Malpica

O Concello presentou unha nova edición de “Malpica nun mar de letras”, unha programación arredor das Letras Galegas, onde a lingua, a literatura, a música e a tradición son as principais protagonistas, neste ano especial que se homenaxea ás súas veciñas. 


A programación comeza o luns 5 de maio e prolóngase ata o 15 de xuño coa exposición sobre as cantareiras na biblioteca municipal. O acto central será o 17 de maio co pleno extraordinario da Real Academia Galega e o acto institucional do Día das Letras. Ese mesmo día tamén se celebra o III Gran Xantar de Mens, e pola noite, Ruada nun mar de letras no mesmo lugar coa música de Carcaxía, Malante, Do Rivés e Caamaño & Ameixeiras. 


Nos vindeiros días haberá obradoiros de regueifa, homenaxes ás pandeireteiras e ás novas xeracións, contacontos e espectáculos de todo tipo. Entre as presentacións literarias destaca “As vellas de Mens”, homenaxeadas este ano, o 24 de maio; e “Somos pandeireteiras”, o 14 de xuño. O 7 de xuño tamén se presentará o Cancioneiro Serodio de Xabier Díaz.

Malpica énchese de libros e de música polas Letras Galegas

Te puede interesar