Libros, contacontos e gala de Malante, o sábado en Malpica

Libros, contacontos e gala de Malante, o sábado en Malpica
As Tanxugueiras actuaron o sábado en Malpica I Raúl López

A programación arredor das Letras Galegas continuará o fin de semana en Malpica, o epicentro da celebración deste ano. O sábado 24 haberá novas actividades en Mens, no centro urbano e en Buño. 
A primeira será na igrexa de Mens ás 17.30 horas, coa presentación do libro “As vellas de Mens”, de José Manuel Fernández Pensado. No acto ademais do propio autor, participarán o alcalde, Eduardo Parga; a presidenta de Aturuxo, Isabel García; e o autor Xosé Manuel Varela. 


Ás 18.00 horas a actividade trasládase ao ecomuseo Forno do Forte de Buño, co conto familiar “O Chintófano de Dorothé”, de Sonsoles Penadique. Algo máis tarde, ás 20.00 horas, haberá un novo espectáculo para o público adulto por parte de María da Pontragha. Os actos están organizados pola asociación O Quinteiro, e tamén haberá servicio de bar. 


Ás sete da tarde no auditorio do centro cívico de Malpica tamén se celebra a gala de fin de curso da agrupación cultural Malante, coa exhibición de música e baile tradicional. 
O pasado martes o IES Urbano Lugrís organizou unha homenaxe ás Pandeireteiras de Mens, con lectura de coplas e ofrenda floral. 

Libros, contacontos e gala de Malante, o sábado en Malpica

Te puede interesar