Música, baile e contacontos nas Letras da Laracha

Música, baile e contacontos nas Letras da Laracha
Festival de música tradicional o ano pasado na Laracha

O Concello da Laracha acaba de presentar o seu programa das Letras Galegas, no que destaca a música e o baile tradicional, contacontos e teatro. A primeira cita será o sábado 10 de maio, cando tamén se conmemorará o Ano Castelao co espectáculo familiar ’Castelao, un corazón á intemperie’, con Fantoches Baj na Casa da Cultura.


Para os maiores de tres anos haberá tres propostas, o mércores 14 Pablísimo chegará ao centro sociocomunitario de Caión con ‘Mans’, un show que mestura os monicreques e as sombras chinesas; o xoves 15, na Casa da Cultura poderase difrutar do contacontos ‘Os contos do gato’, de Bandullo azul; e venres 16 en Paiosaco ofrecerase o espectáculo de narración oral e obradoiro ‘Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas’ de Polo correo do vento.


O memo día 16 na Praza Les Sables d’Olonne, terá lugar o concerto de Ailá & Cantigas e Agarimos, que deleitarán ao público cunha reinterpretación da música tradicional de baile arraigada no folclore galego.
O día 17 celébrase a Festa Homenaxe aos Maiores, no que poden participar os maiores de 55 anos. O prazo para anotarse estará aberto ata o día 13 de maio. A entrada custa 15 euros. 


O domingo 19 haberá un espectáculo de música e baile tradicionais das asociacións Santa María de Torás, Queiroga de Paiosaco e Arume de Caión, na praza Les Sables d’Olonne, unha cita obrigada para estas datas. 
Tamén se inclúe no programa das letras a clausura das distintas actividades das escolas municipais, que terán lugar nas vindeiras semanas. Ademais haberá as tradicionais exposicións cos traballos de manualidades durante o curso, que se exhibirán na Casa de Cultura da Laracha, en Caión e en Paiosaco. 

Música, baile e contacontos nas Letras da Laracha

Te puede interesar