O CEIP Otero Pedrayo de A Laracha rendeu onte homenaxe ás cantareiras cunha gran foliada celebrada no centro, na que participaron uns 600 alumnos e profesorado, coa colaboración da Asociación Santa María de Torás, que fixo unha demostración dos bailes e melodías da zona e que previamente xa se traballaran cos escolares coa celebración no centro de obradoiros e clases durante todo o mes.
A comarca de Bergantiños é unha zona de Galicia con moitísima riqueza no ámbito da poesía popular oral, e no concello da Laracha había moitísimas cantareiras. Algunhas aínda viven hoxe, outras non, e de moitas non se coñece os seus nomes, aínda que se conserva o seu legado, que este venres cantaron os máis pequenos. Eles serán os encargados de que se siga mantendo vivo.