Fernando Castro Paredes recolle o Premio Galaxia de Novela

Fernando Castro Paredes recolle o Premio Galaxia de Novela
Fernando Castro Paredes na recollida do premio

O profesor afincado en Cee, Fernando Castro Paredes, recolleu este venres o Premio Galaxia de Novela pola súa obra ‘O lanzador de coitelos’, nun acto celebrado no hotel Compostela, en Santiago. O evento estivo cargado de simbolismo para a ditorial, xa que coincidía co 75  aniversario da asamblea fundacional de Galixa, celebrada neste mesmo espazo o 25 de xullo de 1950.

 
No acto participaron xunto ao autor, Xosé M. Soutullo, director de Editorial Galaxia; Dolores Vilavedra, presidenta do xurado; xunto cos demais integrantes; e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Galaxia. 


A obra premiada comeza contando a historia dun sicario contratado para raptar unha figura prominente das letras, un poeta húngaro emigrado a París. A operación terá un xiro inesperado e os dous protagonistas acabarán confrontados. No libro fálase sobre la liberdade e a memoria, o fracaso e a corrupción humanas, e sobre esta busca que comprendamos quen somos verdadeiramente, vítimas ou verdugos. 
Precisamente, o autor presentaba a obra a tarde do xoves na Alameda de Cee, dentro dos actos do Verán Cultural, acompañado pola alcaldesa e a concelleira de Cultura. 

Fernando Castro Paredes recolle o Premio Galaxia de Novela

Te puede interesar