Xantar na Milagrosa, raxo e porquiño para abrir boca na Costa da Morte

Xantar na Milagrosa, raxo e porquiño para abrir boca na Costa da Morte
Participantes no Xantar da Milagrosa este sábado I Raúl López

As festas gastronómicas comezaron este sábado na Costa da Morte con varias citas repartidas ao longo do territorio. En Carballo celebrouse o IV Xantar da Milagrosa, que reunía cerca de 400 comensais no pabellón do colexio San Luis Romero, organizada pola comisión de festas do lugar. O mesmo que ocorreu nas edicións anteriores, a festa foi todo un éxito. 


Para animar o apetito, sesión vermú e logo o xantar a base de empanada, langostinos e polbo á feira, todo regado con viño, refrescos, café e postres. A media tarde abríronse ás portas para que todo o mundo puidese gozar do tardeo musical, aínda que non asistise á comida. A xornada estuvo amenizada pola música dos dj Fran Stone, Kelsier e Sara Pose. Ademais, entre os asistentes sorteouse unha viaxe a Gran Canaria para dúas persoas. 


Outra cita gastronómica na comarca foi a Festa do Raxo de Brantuas, no municipio de Ponteceso. E aínda que o raxo foi o protagonista da xornada, na festa non faltaron outras delicias gastronómica como o polbo, empanadas ou larpeiras, entre outras. 


Juan Vidal Torrado, teniente de alcalde e fiel colaborador da asociación Nosa Señora do Faro, a organizadora do evento, foi o encargado de dar o pregón co que arrancaba a celebración. Despois da comida, verbena co trío Alborada e disco móvil Impacto. 


Na parroquia da Pereiriña, no municipio de Cee, tamén se celebraba este sábado unha das festas gastronómicas más peculiares, a do Porquiño ao Espeto, que organiza Xente da Tralla. Así, dende moi cedo xa cheiraba a festa no lugar para que os “porquiños” se fixesen a “fuego lento”, como é menester. Tamén houbo servicio de pulpeira para acompañar, tanto a mediodía como para cear.  Houbo animación para os máis pequenos e pola noite a festa prometía prolongarse ata a madrugada coa orquestra Panorama, o grupo Aché e a disco móvil Mega CDC. 

Xantar na Milagrosa, raxo e porquiño para abrir boca na Costa da Morte

Te puede interesar