A lingua galega ten recursos suficientes para crear videoxogos

A lingua galega ten recursos suficientes para crear videoxogos
Participantes na inauguración do curso de dinamización da lingua

Carballo converteuse nesta semana no centro de reflexión sobre a saúde da lingua galega durante a celebración do curso de verán de dinamización lingüística, centrado no ámbito do lecer. Os participantes apelaron ao activismo a prol do uso de galego no lecer, destacando as grandes capacidades da lingua. Do mundo do asociacionismo vieron a grande cantidade de actividades coas que se pode fomentar a lingua (teatro, viaxes, radio, rutas guiadas...), pero tamén se decataron de que moitas administracións públicas non lles suministran textos en galego. 


No ámbito dos xogos, Marcos Maceira, da Mesa pola Normalización Lingüística, afirmou que lingua galega precisa dun nivel alto de activismo no mundo asociativo, por exemplo, para poder dispoñer de moitas alternativas de calidade. Tamén quedou claro neste encontro que a contorna escolar non é favorable para o alumnado galego falante, polo que este colectivo ten moito por traballar e unha responsabilidade moi grande con respecto á lingua. 


Polo que respecta ao entretemento, en todo momento quedou patente que o galego ten suficiente léxico para crear videoxogos e contidos interactivos, xogos de palabras como o Pensatermos ou os pasatempos que realiza Xoán Costa en publicacións como A píllara das dunas do Concello de Carballo, que inclúe desde os tradicionais encrucillados e sopas de letras ata xogos totalmente innovadores como a vira pedras ou as illas e pontes. O autor adiantou que se vai publicar este verán a revista de pasatempos A formiga no carreiro, desde o 25 de xullo.

A lingua galega ten recursos suficientes para crear videoxogos

Te puede interesar