Carballo acollerá un concerto inspirado na obra de Ruth Matilda Anderson

Carballo acollerá un concerto inspirado na obra de Ruth Matilda Anderson
Pandereteiras el pasado sábado en el Pazo da Cultura de Carballo I Raúl López

O programa das Letras Galegas continúa en Carballo con música dende diferentes formatos. O espectáculo de María Faltri “Coa pandeireta na man” visita estes días os centros de Primaria do municipio para render homenaxe ás cantareiras. Este mércores chegará aos colexios Fogar, A Cristina, en horario de mañán, e ao Canosa-Rus, pola tarde. 


As citas das Letras Galegas seguen con “Efémeras” de Cantometrics, unha formación musical que estará no Pazo da Cultura o venres 9 de maio a partir das 20.30 horas. Neste caso trátase dun concerto de música tradicional inspirado nas obras fotográficas de Ruth Matilda Anderson. A cita abre as fronteiras a outras posibilidades sonoras incorporando o folk ou a música electrónica, nunha linguaxe acorde coa estética musical do século XXI. Unha creación baseada na imaxe e na vídeo creación a cargo de cinco músicos galegos, algúns dos cales están vencellados a Carballo. 


A programación musical das Letras continuará o sábado coas asociacións do municipio. Celebrarase a Ruada das Cereixas co título “Somos porque foron...” no  Moucho de Verdillo a partir das 18.30 horas. As asociacións de Carballo tuveron especial protagonismo o fin de semana.

Carballo acollerá un concerto inspirado na obra de Ruth Matilda Anderson

Te puede interesar