A Academia Galega e Alingua exploran vías de colaboración a prol da lingua

A Academia Galega e Alingua exploran vías de colaboración a prol da lingua
Participantes na reunión da Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) e Alingua explorarán vías de colaboración en iniciativas a prol da normalización lingüística. O presidente da RAG, Henrique Monteagudo, recibiu este mércores na
sede temporal da institución unha representación da asociación que reúne preto dunha vintena de entidades locais co propósito de avanzar na normalización lingüística.


No encontro participaron por parte de Alingua o seu presidente, Ramón Varela Rodríguez, do Concello de Carballo; o secretario, Demetrio Gómez Xunqueira, do Concello de Pontevedra; e o tesoreiro, Gonzalo Castro do Concello da Coruña; e mais Carme Pereiro, Xulia Rigueiro e Concepción Cochón, técnicas de normalización lingüística de Carballo, A Coruña e Pontevedra.


Entre outras cuestións, no encontro abordouse a posibilidade de cooperar na difusión do proxecto de acción e investigación Modo Galego, actívao!, posto en marcha pola RAG e o Concello de Ames, de cara á súa extensión a outros municipios. Monteagudo agradeceu o apoio na promoción
desta iniciativa e amosou o interese da RAG en proxectos compartidos entre concellos que promove Alingua como Enreguéifate, Youtubeiras, Club de Debate ou Apego.

A Academia Galega e Alingua exploran vías de colaboración a prol da lingua

Te puede interesar