Os actos de conmemoración do naufraxio do City of Agra comezan este venres en Camelle, en Camariñas, coa inauguración da Feira Mariñeira, e continuarán ata o domingo. Actuacións musicais, teatro, homenaxes, concurso de tapas, roteiros e exposicións completan o programa festivo en Camelle e Arou, que organiza a Asociación de Naufraxios Galegos.
Na Feira Mariñeira no paseo marítimo de Arou haberá un total de 26 postos de artesanía e gastronomía principalmente. Tamén haberá unha visita guiada (19 horas) á grande Sala dos Naufraxios e da Historia Marítima de Camelle, no Museo de Man. Pola noite entregaranse os premios do VI Concurso Ecafandros Virtuais e, ademais, farase unha homenaxe a tres mergulladores locais, os irmáns Manolo, Paco e Modesto de Bajeras. Seguirá teatro e ás 23.00, concerto do grupo D´ Bronteroc, a parella local Modesto e Alba.
O sábado será o roteiro animado, e pola noite, o acto máis emotivo coa Arribada dos náufragos ao porto de Camelle.