Feira do Marisco o 26 de xullo en Camariñas

Feira do Marisco o 26 de xullo en Camariñas
O rei Alfonso IX chegando ao porto de Camariñas o pasado ano

A Asociación de Empresarios para a Promoción Turística de Camariñas dou a coñecer a programación do evento O Encaixe no Camiño, que este ano incluirá a primeira Feira do Marisco, que abrirá na localidade o 26 de xullo (13.00 horas). Na véspera xa comezarán as actividades festivas e pola tarde abre o mercado de postos medievais, con ambientación musical. 


A xornada do sábado comezará con desfile de comparsas e saída da comitiva dende a Casa de Pedra cara o porto para recibir ao rei Alfonso IX, que desembarcará neste lugar, coa representación teatral da súa chegada. 


Despois abrirá a Feira do Marisco, que contará co patrocinio de Mariscos Antón e a colaboración da Cofradía de Camariñas e Camelle. Pola tarde haberá recreacións de artesanía, mesa redonda, teatro, música de “La Banda del Pájaro. El corta. Música de los 80-90.” O domingo 27 será a camiñata do rei ata Cereixo, e pola tarde, recreación da chegada da dama italiana e desfile de moda para rematar. 

Feira do Marisco o 26 de xullo en Camariñas

Te puede interesar