Un total de 645 persoas participaron este sábado na Festa da Terceira Idade do Concello de Cerceda, a través da Concellería de Servizos Sociais que dirixe Katrina Queijo, celebrada no antigo polideportivo de Limeisa, en Meirama.
Viandas variadas, aperitivos de xamón, pulpo á feira, carne asada e postre “milfollas” formaron o menú desta edición, con récord de participantes. O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, e os membros da Corporación tamén asistiron.