A Deputación achega a programación das Letras á Costa da Morte

A Deputación achega a programación das Letras á Costa da Morte
Participantes na presentación do programa das Letras I Cedida

A programación arredor das Letras Galegas da Deputación da Coruña chega a varios concellos da Costa da Morte. Carballo, A Laracha, Vimianzo, , Cabana, Mazaricos e Fisterra atópanse entre as localizacións das diferentes actividades que foron presentadas este mércores no Palco da Música de A Coruña. 
As deputadas de Lingua, Soledad Agra, e de Cultura, Natividade González, e Diana Varela, da editorial Medulia, foron as encargadas de explicar a programación, acompañadas de representantes de algunhas das actividades que a conforman: Xabier Díaz, Donaire, Xacarandaina, Zavala, Maos, Cantometrics, AELG e o documental ‘Lévame a idea’. 


Soledad Agra lembrou que este ano se adican as Letras Galegas á poesía popular oral “a un grupo de mulleres cantareiras que recolleron a nosa tradición oral, que representa a idiosincrasia do noso país, e a foron transmitindo”, polo que a Deputación levará una extensa programación a máis de 25 concellos da provincia da Coruña. 

 

Actividades todo o ano


A deputada de Cultura, Natividade González, salientou o obxectivo de “desenvolver actividades culturais por toda a provincia, descentralizándoas para que cheguen ao máximo número de veciñas e veciños”, facendo fincapé en que se trata “dun programa anual, xa que para nós as Letras Galegas son os 365 días do ano”. Entre as diferentes actividades destacan concertos, teatro, contacontos, proxeccións, presentacións literarias, adquisición de libros, xornadas, edicións especiais e publicacións.


Os tres grandes concertos temáticos que se levarán a cabo no mes de maio e durante o outono farán as súas respectivas paradas en Carballo, Caión (A Laracha) e Mazaricos, entre outros lugares da provincia. 
Haberá dez proxeccións do documental “Lévame a idea”, que mañá venres se poderá ver en Carballo. Tamén están previstas dúas funcións teatrais escolares,  con parada en Cabana de Bergantiños. 


As pandeireteiras de Xacarandaina ofrecerán uno dos seus concertos en Fisterra. O Cancioneiro Galego Serodio, ademais da presentación de onte en Carballo, chegará nos vindeiros días a Vimianzo. Este cancioneiro e a obra da Pandereteiras de Mens serán distribuidas polas bibliotecas públicas. 
Ademais, están previstos obradoiros de escrita para o alumnado de Primaria e Secundaria de distintos centros educativos e haberá contacontos ilustrados e musicados da obra “Cantareiras. Poesía popular nas letras galegas” para alumnado de Infantil e Primaria. 


Todos os artistas participantes na presentación mostraron o seu agradecemento á Diputación por estes eventos.

A Deputación achega a programación das Letras á Costa da Morte

Te puede interesar