O Concello de Zas conmemora o centenario do falecemento do escritor Enrique Labarta Pose o vindeiro 13 de maio, nun acto que se celebrará na Praza Jorge Mira de Baio. Alí descubrirase un monumento conmemorativo e farase un acto simbólico do seu enterro.
Tamén se dará lectura ao poema “Que me enterren aló!”, coa participación do alumnado dos centros educativos do municipio.
O acto será a partir das 11.00 horas, aberto á cidadanía. O Concello continúa divulgando a figura do autor co fin de que sea homenaxeado no Día das Letras Galegas