O Concello de Zas terá un amplo programa cultural para celebrar as Letras Galegas

O Concello de Zas terá un amplo programa cultural para celebrar as Letras Galegas
Trinke Trinke unha representación en Zas | AEC

O próximo 10 de maio arrancará o programa cultural “Maio, mes das letras”, organizado polo Concello de Zas, con actividades que teñen como propósito divulgar a obra de Florencio Delgado Guirriarán, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. Unha boa parte das actividades realizaranse nos propios centros educativos. 


Os escolares gozarán das propostas “Problemas” de Trinke Trinke Teatro; “Outra vez!”, con Vero Rilo. “E a ti… que che contaban?”, tamén Vero Rilo, “Mulleres creadoras”, con Silvia Penide e Carla López de Feminino Plural e “Invisibles”, de Redrum Teatro.


Ao longo deste mes de maio continúa a V Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” coas representacións “Sobre o mal que me fai o tabaco”, da Escola Municipal da AA.EE. da Estrada, “Un desastre de función”, de Gargallada Teatro e “A derradeira cea”, de Fauna 113. 


O 29 de maio será a clausura do curso da Escola de Teatro Infantil Municipal e entrega de premios da V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. As Letras Galegas serán unha vez máis as protagonistas do Concurso de Marcapáxinas organizado polas Bibliotecas Municipais de Zas e de Baio e que xa vai pola 13ª edición. No certame poden participar todas e todos as alumnas e alumnos dos centros escolares
Cada participante poderá presentar un único traballo sobre as Letras Galegas, en papel ou cartolina, a cor, por unha cara e coas dimensións 21x5 cm sendo o 19 de maio a data límite para entregalo. Os traballos premiados utilizaranse na Biblioteca Municipal de Zas e na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste ata o Día das Letras Galegas do 2023. Haberá dous premios por categoría dotados cun lote de libros cada un.


Fisterra


O Concello de Fisterra conmemorará o Día das Letras Galegas con tres días de teatro no municipio. O programa cultural comezará o 13 de maio (19.30 no salón de actos) con a proposta “Finisterrae, o Último ultramarinos”, un texto de María Lado baseado nunha idea orixinal de Borxa Insua e ddirixido por Topo Vidal. O 14 de maio tamén no salón de actos do Concello (19 horas) terá lugar o monólogo de Mariña Lestón, “Adolescentes”, para o que hai que reserva a entrada no correo culturafisterra@hotmail.com antes do 11 de maio. No caso de superar o aforo, realizarase un segundo pase ás 20 horas. 


O 17 de maio será a quenda da proposta “Feira das Sementes”, as 12 horas. É un espectáculo que abarca monicreques de mesa, luva de obxectos e bunrraku. A peza presenta unha selección de contos, poemas, refráns, cancións e adiviñas relacionados coa agricultura e as sementes recollidos nos cancioneiros e refraneiros populares galegos. O aforo é limitado. Desde o Concello recoméndase o uso de máscara en todas as actividades programadas. 

O Concello de Zas terá un amplo programa cultural para celebrar as Letras Galegas

Te puede interesar