"Baio ten a Pelota" convértese en "Baio ten as Letras"

"Baio ten a Pelota" convértese en "Baio ten as Letras"
Actuación musical na pasada edición de Baio ten a pelota

Neste mes de maio cúmprense dez anos do nacemento de ‘Baio ten a pelota’, nesta localidade zasense, un evento de referencia en toda a zona, cunha importante oferta comercial e gastronómica. Coincidindo con este aniversario, a cita pasa a denominarse ‘Baio ten as Letras’, polo que engade o aspecto cultural na véspera das Letras Galegas. 


Será a vindeira fin de semana, o venres 9, o sábado 10 e o domingo 11 de maio. Como era habitual ata agora, haberá descontos de ata o 20% nas tendas participantes, unha ruta gastronómica con tapas nos bares, animación nas rúas e actividades infantís.

 

Feira e Andaina


Como novidade, haberá unha Feira das Letras nunha carpa na Praza Jorge Mira, con postos de venta de libros e artesanía, cinco presentacións literarias, unha exposición fotográfica e obradoiros infantís. 
Como é habitual, haberá premios entre os clientes que se acheguen a feira. Ademais, organizarase unha andaina polo Carreiro do Río, unha ruta de senderismo recentemente homologoda neste lugar, na que é necesario inscribirse. A ruta remata cunha sesión vermú benéfica na propia praza. 


‘Baio ten as Letras’ está organizado polo Concello de Zas e a recentemente constituida asociación Baion, unha entidade que xorde despois da dimisión da asociación de comerciantes co fin de revitalizar o comercio local. 

"Baio ten a Pelota" convértese en "Baio ten as Letras"

Te puede interesar