A galería Xerión ofrece unha mostra retrospectiva ( 1986-2022) de Xaime Falcón (Cambados, Pontevedra, 1942), artista cunha longa e fecunda traxectoria plástica que se alimenta da idiosincrasia das nosas xentes populares e da singularidade de crenzas, costumes, mitos e arquetipos que configuraron un modo irrepetible de ser. Vivido todo esto intensamente na súa infancia –como nos sucedeu a outros da súa xeneración–, o seu imaxinario, felizmente dotado, atopou un fecundo manantío que él desprega en obras nas que fai vivir un orixinal abano de criaturas e persoaxes que falan dunha Galicia pánica, un tanto valleinclanesca. Cadros como “Feira de Arzúa” e “Romería de San Blas” recollen toda a vitalidade e o sentido dionisíaco dos habitantes de vilas e aldeas, un mundo que garda aínda formas e resoancias arcaicas e que quizais entren axiña no territorio da saudade. O tema da maternidade, tan de noso, é reflectido por él dun xeito entrañable, nun cadro do mesmo título, no que unha nai abraza ao seu neniño mentres contempla o sol; os delicados e suaves contornos dos corpos van acordes cola tamén suave e cálida entonación, que vai dos blanco rosáceos a aterciopelas gamas terrosas. Destacable, en gran parte da súa obra, é o contrapunto que establece entre o sentimento lírico e un certo expresionismo mui sui generis que combina tamén con aspectos simbólicos; o seu imaxinario desplega aí os acentos máis orixinales. Así sucece,por exemplo, co fermoso cadro “Paxaros en noite de lúa”, onde, por medio dunha estructura de ondulantes planos de azuis nocturnos atravesados pola vertical e branca claridade da lúa, recolle toda a poesía e o misterio das noites de luar; flotan transparentes burbullas por todas partes, levita na esquina superior esquerda un violáceo cruceiro e tres negras árbores de redondas copas suláganse na escuridade de abaixo; no medio, a imaxinación creadora é como un levitante paxaro . En estudiadas composicións de planos superpostos simultanea perspectivas de evocadoras i ensoñadas paisaxes, todo aparece envolto en aéreas transparencias que consigue por medio de maravillosas veladuras; así da canle a unha Galicia transfigurada e idílica en escenarios flotantes e lixeiros, nos que a figura humana, un tanto caricaturesca, aparece como asombrada ou pasmada polas enerxías da natureza coas que se comunica por medio de simbólicos paxariños; un fermoso exemplo son os cadros “Soños líricos”, onde o persoaxe aparece sulagado entre móviles ondas verdeazuladas, e “Azules máxicos” no que o risoño protagonista está envolto nunha orxía de levedantes burbullas. Un expresionismo amable da fe dese lado lúdico i esperpéntico das nosas choqueiradas e rexoubas carnavalescas, como en “Comparsa” e “Máscaras no camiño”. Soa tamén a música de noso, como en “Acordes xacobeos”, e todo vibra nas ben harmonizadas temperaturas da música deste mestre da cor.