O alumnado de Malpica rende tributo ás cantareiras

O alumnado de Malpica rende tributo ás cantareiras
Os nenos cantan e tocan a pandereta no festival I Mar Casal

O auditorio do centro cívico de Malpica acolleu onte o Festival das Letras Galegas organizado polo colexio Milladoiro, no que o alumnado rendiu unha homenaxe ás cantareiras, as protagonistas deste ano o 17 de maio. Os máis pequenos tocaron e cantaron pezas tradicionais e quixeron poñer en valor a todas as mulleres tocadoras da zona, ademais das homenaxeadas nas Letras.

 

En Malpica celébrase mañá un dos actos principais deste 17 de maio, co pleno extraordinario da Real Academia Galega e o acto institucional da Xunta que se levará a cabo nas Torres de Mens. Aquí tamén haberá un Xantar, tardeo, e pola noite, a Ruada nun Mar de Letras, coas agrupacións Carcaxía, Malante, Do Rivés e o dúo Caamaño & Ameixeiras. 

O alumnado de Malpica rende tributo ás cantareiras

Te puede interesar