A Xunta colabora con 15 proxectos didácticos en galego cun investimento de 200.000 euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta convocatoria para fomentar a elaboración e publicación de recursos curriculares para niveis non universitarios en galego
A Xunta colabora con 15 proxectos didácticos en galego cun investimento de 200.000 euros

O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a resolución das axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios mediante a cal a Xunta de Galicia destina 200.000€ a colaborar con 15 proxectos.

 

O obxectivo desta convocatoria, dirixida ás empresas do sector editorial, é fomentar a elaboración e publicación de recursos didácticos curriculares en galego no ensino regrado, así como favorecer o tecido da industria editorial galega. Neste senso, as subvencións destinaranse a seis proxectos de lingua, tres de lingua e literatura, dous de bioloxía e xeoloxía, dous de xeografía e historia e outros dous de tres en raia para diferentes niveis educativos.

 

O prazo para xustificar as axudas concedidas remata o día 30 de setembro de 2025. Ademais, as entidades e persoas beneficiarias das subvencións deberán remitirlle á Secretaría Xeral da Lingua un exemplar da obra, editada ou, no caso de publicacións electrónicas, a clave de acceso a estas; unha certificación de tiraxe que, no caso dos formatos electrónicos, expresará o número de licenzas que se comercializaron e a acreditación da existencia do correspondente depósito legal. A resolución completa con toda a información pode consultarse tamén no Portal da Lingua Galega.

A Xunta colabora con 15 proxectos didácticos en galego cun investimento de 200.000 euros

Te puede interesar