A novela de Méndez Ferrín 'Non ventre do silencio' será traducida ao inglés por Lindsay Semel

Con este proxecto, a Xunta de Galicia e a Residencia Literaria 1863 queren contribuír á proxección exterior da nosa cultura
A novela de Méndez Ferrín 'Non ventre do silencio' será traducida ao inglés por Lindsay Semel
A traductora e editora norteamericana, Lindsay Semel

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e a Residencia Literaria 1863 veñen de resolver a bolsa para a IV edición da Residencia Xacobeo para tradutores de literatura galega. A autora este ano será a tradutora e editora norteamericana Lindsay Semel, quen traducirá ao inglés a novela No ventre do silencio de Xosé Luis Méndez Ferrín.


O obxectivo da Residencia Xacobeo é estimular e promocionar a tradución de obras literarias en galego, así como impulsar as letras galegas no estranxeiro. Esta cuarta convocatoria é unha nova oportunidade para que un tradutor literario, neste caso Lindsay Semel, poida “traducir unha obra galega nunhas condicións de excelencia e empapándose da cultura que as viu nacer”, explican o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo,  e a coordinadora da Residencia Literaria 1863, Yolanda Castaño.


A tradutora norteamericana gozará dunha estadía na Coruña durante todo o mes de marzo, instalándose na Residencia Literaria 1863, un apartamento do século XIX en pleno casco histórico, con vistas á dársena e todas as comodidades, onde todo favorece a concentración no traballo para traducir a obra de Méndez Ferrín.

 

Inmersión na cultura galega

Ademais, ten cuberto o billete aéreo desde Estados Unidos e unhas dietas para gastos básicos, así como aceso prioritario a museos, bibliotecas, concertos, encontros literarios, obras de teatro e outros eventos nunha cidade que conta cunha rica e diversa vida cultural. Isto xa o viviron nas anteriores edicións desta bolsa os estadounidenses Jacob Rogers e Kathleen March e o letón Arvis Viguls.

A novela de Méndez Ferrín 'Non ventre do silencio' será traducida ao inglés por Lindsay Semel

Te puede interesar