Ábrese o prazo de inscrición para dous obradoiros de acollemento lingüístico (nivel iniciación e nivel continuación) dirixidos a persoas doutras comunidades lingüísticas que se achegan por primeira vez ao galego (nivel iniciación) ou que xa realizaron unha primeira achega e que desexan continuar a súa formación en lingua galega (nivel continuación).
A duración de cada un deles é de 36 horas distribuídas en dúas sesións á semana. A inscrición é gratuíta e finaliza o luns 8 de setembro ás 12.00 h; logo de que remate o prazo de inscrición, as persoas admitidas (25 en cada obradoiro) recibirán a confirmación no correo electrónico que indicaren na inscrición.
A inscrición require unicamente cubrir o formulario asociado a cada quenda. As prazas asígnanse por orde de inscrición ata rematar as 25 dispoñibles en cada obradoiro.
Que son os OAL?
Os obradoiros de acollemento lingüístico son cursos presenciais para achegarse por primeira vez á lingua e comezar a desenvolver as destrezas básicas de comprensión e produción oral e escrita, organizados desde o Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago de Compostela.
Diríxense principalmente a persoas que procedan doutras comunidades lingüísticas, mais tamén están abertos a calquera persoa adulta que queira comezar a aprendizaxe do galego.
Convócanse en dúas quendas, na primavera e no outono, e teñen unha duración de 36 horas lectivas distribuídas en dúas sesións semanais, os luns e os mércores, de unha hora e media cada unha.
As aulas desenvólvense no Espazo Apego (rúa da República do Salvador, 12 – entresollado), aínda que na última sesión se organiza algunha ruta ou visita pola cidade.
OBRADOIROS DE ACOLLEMENTO LINGÜÍSTICO - OUTONO 2025
Iniciación (mañá)
Luns e mércores de 11 a 12.30 h
25 prazas
Inscrición neste formulario ata o 8 de setembro ás 12.00 h
Continuación (tarde)
Luns e mércores de 19.30 a 21.00 h
25 prazas
Inscrición neste formulario ata o 8 de setembro ás 12.00 h
Datas para ambos os obradoiros:
setembro: 10, 15, 17, 22, 24, 29
outubro: 1, 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27, 29
novembro: 5, 10, 12, 17, 19, 24, 26
decembro: 1, 3