Cee baila a muiñeira, como fai cada 1 de maio

Cee baila a muiñeira, como fai cada 1 de maio
Exhibición da Muiñeira de Ons este xoves en Cee I Fuentes Cee

Cee bailou de novo a muiñeira neste primeiro de maio. Así ocorre desde hai 37 anos e onte cumpríase de novo a tradición no evento organizado pola asociación Terra de Sena. Neste ano no que o Día das Letras Galegas está adicado á poesía popular oral, personificado en seis mulleres da Costa da Morte, o Día da Muiñeira cobra aínda unha maior importancia se cabe, tal como lembraba o presentador do acto, Juanma Buiturón. 


Ademais da agrupación anfitrioa, no evento participaron trece formacións de toda Galicia, entre elas varias da comarca como Trubisquiña, de Vimianzo; o colexio Nosa Señora do Carme, de Fisterra; Pedras Miúdas, de Lires; en Novo Viana, de Cee. Unas 500 persoas, nenos, mozos e adultos, saían coas súas respectivas agrupacións do pabillón polideportivo ás cinco da tarde e desfilaban cara a Praza 8 de Marzo. Alí bailaron todos xuntos a mesma peza, a Muiñeira de Ons como exhibición, para logo dar paso ao concurso propiamente dito, con dúas categorías, menores de 14 anos e maiores desa idade. 


O tempo respetou esta xornada festiva, o Día da Muiñeira como se coñece na localidade, polo que a vila da Xunqueira lucía en todo o seu esplendor. 

Cee
Cee baila a muiñeira, como fai cada 1 de maio

Te puede interesar