Como ocorre cada 1 de maio Cee celebra o seu tradicional Día da Muiñeira, organizado pola asociación cultural Terra de Sena, coa colaboración do Concello de Cee e a Deputación de A Coruña. Este ano cumple a edición número 37.
Participarán cerca de 500 bailaríns de diferentes agrupaciones chegadas de toda Galicia. Se o tempo o permite, ás 17.00 horas está prevista a saída desde o pabillón polideportivo para dar paso a exhibición e concurso na Praza 8 de marzo a partir das 17.30 horas.
A programación cultural continuará na vila da Xunqueira o venres 2 de maio . Ás 19.30 horas a Casa da Cultura acollerá unha nova exposición “Pegadas no tempo”, unha retrospectiva da artista Isabel Soutullo, cun percorrido pola súa variada obra.
A partir das 20.00 horas o auditorio acollerá o acto de homenaxe do que fora cronista oficial da localidade, Baldomero Cores, falecido hai dez anos e padriño da asociación Terra de Sena dende a súa creación.
No acto intervirán a alcaldesa, Margot Lamela; o historiador e técnico de cultura, Víctor Castiñeira; e a familia do homenaxeado. Tamén se proxectará un audiovisual que recolle diferentes instantáneas da vida de Baldomero titulado “Lembrando a Baldomero a Cores”, realizado por Iria Piñeiro e Fernando Fraga. Os actos rematarán cunha muiñeira e ofrenda floral.