A asociación Telón e Aparte, organizadora do FIOT de Carballo, acaba de recibir o segundo premio do galardón Rodolfo Prada á xestión cultural 2024. O primeiro recaeu en Eduardo Rodríguez, do Festival de Jazz Primavera, e o segundo no Concello de Carral polo seu certame de poesía.
O premio que recibe a entidade carballesa, dotado con 2.000 euros, está dirixido a voluntarios e colectivos afeccionados. Ademais, un dos premios de 1.000 euros destinados a cada unha das provincias gallegas, foi para a Fundación Eduardo Pondal polo seu Festiletras.