Produtoras, directivos, xornalistas e talentos dos medios danse cita no Carballo Interplay

Produtoras, directivos, xornalistas e talentos dos medios danse cita no Carballo Interplay
Este xoves a segunda edición de “Petiscos no Derby” encheu o Pazo da Cultura de mozos interesados na creación de contidos en galego | MAREMA

O Carballo Interplay celebra este venres unha das súas xornadas máis importantes, dedicada aos profesionais dos medios de comunicación. Na Zona PRO do festival de Contidos Dixitais daranse cita produtoras, directivos, xornalistas e talentos que ao longo da xornada participarán en tres paneis nos que falarán do podcast e dos avances tecnolóxicos nos medios de comunicación. 


A xornada Pro do Carballo Interplay comeza ás 11 horas con Marta Salicrú, directora de Radio Primavera Sound, Iago Regueiro, da produtora Etiqueta Negra, Tomàs Fuentes, copresentador do podcast “La Ruina” e Alba Riera, presentadora do podcast “DENTRO”, de Radio Primavera Sound, explicarán como se pode pasar do podcast ao show en directo.  A continuación, chegan os “Novos xeitos de habitar a rede”, unha charla na que se comentarán novas iniciativas online como “ACOUSA”, un medio nativo dixital galego, a "Comunidad S1S4", so aberta para mulleres e persoas trans, e as newsletters, da man de Noelia Ramírez, a responsable da que envía SModa


O último panel da mañá falará das canles públicas. Centrarase con coñecer como cambiou a forma de comunicar na última década, e para iso estarán as responsables de RTVE e CRTVG.  Pola tarde, ás 17 horas, chegará o segundo bloque da sección oficial de webseries, “Movidas antes dos 30”, no que se proxectarán series coma “Detention Adventure”, “Frangines”, “No, you’re stupid!”, “TBH” e “Voice Memo”.


Ás 18.30 horas volven os podcasts en directo da man de Alba Riera e Conxxa Vitoy, responsables do podcast “DENTRO”, de Radio Primavera Sound, que estarán acompañadas de Burnin’ Percebes, coñecidos cineastas, e Estela Ortiz, creadora de contidos especializada na divulgación de cultura pop con perspectiva activista. 


Ás 20 horas chega o turno da nostalxia con “Nacho Martín Project live”, un podcast creado por Nus Cuevas, Hematocrítico e Noel Ceballos que analiza capítulo a capítulo as tramas de Médico de Familia


Xa pola noite, ás 22 horas toca “rajar”. Este ano o punto humorista de “Rajando con…” chega da man de Laura Márquez, humorista e guionista, e Tomàs Fuentes, creador do podcast “La Ruina”.

Produtoras, directivos, xornalistas e talentos dos medios danse cita no Carballo Interplay

Te puede interesar