Nee Barros, “Neeumatiko”, gaña o premio Youtubeiro 2022 na gala celebrada en Carballo

Nee Barros, “Neeumatiko”, gaña o premio Youtubeiro 2022 na gala celebrada en Carballo
Todos os premiados e finalistas dos premios Youtubeiras |RAÚL LÓPEZ

Nee Barros, “Neeumatiko” nas redes, gañou este ano o premio Youtubeiro/a por “ser un referente do Youtube en galego, reunindo unha alta capacidade comunicativa, creativa e lingüística”. Os premios Youtubeiras 2022 foron entregados este sábado nunha gran gala celebrada no Pazo da Cultura de Carballo.

 
Ás oito categorías optaban un total de 22 propostas, polo que o xurado non o tivo nada fácil para seleccionar aos gañadores. O Premio Canle foi para “Toxío” e “Histérikas Histórikas” alzouse co premio Youtubeira Revelación. O xurado premiou como mellor Vídeo a “Eduardita”, de Piratas sen parche, en tanto que a xornalista científica Laura Veiga (“Pingando”) alzouse co premio Pioneiro. 

 

O Premio Redes recaeu este ano en “A Lobeira Today” e o proxecto “Falemos do Reino de Galicia”, gañou na categoría Calidade Lingüística. Por último, o Premio do Público gañouno “Bembibre coas Tanxugueiras”, de Xabi Gómez

Nee Barros, “Neeumatiko”, gaña o premio Youtubeiro 2022 na gala celebrada en Carballo

Te puede interesar