A Fundación Manuel Facal amplía o seu padroado e queda legalmente constituída

A Fundación Manuel Facal amplía o seu padroado e queda legalmente constituída
O artista carballés Manuel Facal | Raúl Lorenzo

A Fundación Manuel Facal Centro de Arte Contemporánea, constituída en agosto de 2022 baixo a presidencia do propio artista carballés e a vicepresidencia do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e con Jorge Mareque Facal como secretario, aprobou a ampliación do seu padroado, que queda constituído por: Eva Facal Lazo, Xela Rodríguez Facal, Alejandra Mareque Facal e Xaime Díaz Alonso. Ademais contará no seu comité asesor co escritor e editor Miguel Anxo Fernán Vello e o poeta e crítico de arte Xavier Seoane.


A Fundación nace co obxectivo de fomentar o estudo, conservación e difusión da obra do artista carballés no contexto e universalidade que caracteriza a súa achega ao patrimonio cultural galego, ademais da promoción e difusión da arte contemporáneo en xeral. Para iso será fundamental a colaboración con outras institucións para a organización de exposicións e itinerantes, congresos, simposios, cursos, seminarios ou conferencias.
 

A Fundación prepara tamén a creación da Asociación de Amigos do Centro de Arte Contemporánea Manuel Facal, que pretende reunir a persoas físicas e xurídicas, unidas no desexo de colaborar activamente no desenvolvemento e consolidación do museo mediante o impulso de diferentes actividades e a cambio gozar de beneficios fiscais así como vantaxes e experiencias exclusivas relacionadas coas actividades da Fundación. 

A Fundación Manuel Facal amplía o seu padroado e queda legalmente constituída

Te puede interesar