O 16 de xullo comezará en Carballo o XVII Curso de verán sobre dinamización lingüística que organiza a Universidade da Coruña (UDC) co título “Traballando en lingua coas redes sociais”. O curso foi presentado este xoves pola concelleira de Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret; o alcalde, Evencio Ferrero; e o director do curso, Xosé Manuel Sánchez Rei, que coincidiron na necesidade de aproveitar as redes sociais para a promoción da lingua, sobre todo tendo en conta que son os máis novos os que máis utilizan estas canles de comunicación.
Nesta edición céntrase en fomentar e analizar o uso da lingua a través das redes sociais e ferramentas para a súa transmisión desde diferentes ámbitos. As sesións constan de relatorios, comunicacións, mesas redondas e obradoiros para avaliar experiencias e propoñer medidas e accións de intervención en actividades para implicar a distintas entidades e persoas. As persoas interesadas podrán anotarse ata o día 14 de xullo, con un prezo de 30 euros para estudiantes e desempregados, e de 50 para o resto.