Comeza o curso de verán da UDC en Carballo

Comeza o curso de verán da UDC en Carballo
Acto inaugural / Cedida

O Pazo da Cultura de Carballo acolleu este martes a inauguración do XVII Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística, organizado pola Universidade da Coruña (UDC), co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta e o Concello carballés. O curso consta de dúas xornadas nas que relevantes especialistas analizan o uso da lingua galega a través das redes sociais e o seu papel como canle de difusión e divulgación. 


Analizar e deseñar estratexias e accións para pór en valor e incrementar o uso e a visibilidade do galego nas redes sociais; detectar e estudar problemas e preconceptos existentes arredor do uso da lingua galega e valorizar o galego e a cultura propia como recurso de interese para actividades e proxectos nados das redes sociais, son os principais obxectivos deste curso. No acto inaugural estiveron o reitor da UDC, Ricardo Cao; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o secretario Xeral da Lingua da Xunta, Valentín García; e a coordinadora do Servizo de Normalización Lingüística da UDC, Marisol Ríos

 

Comeza o curso de verán da UDC en Carballo

Te puede interesar