O IES Agra de Raíces de Cee e o colexio larachés Otero Pedrayo celebran os 50 anos

O IES Agra de Raíces de Cee e o colexio larachés Otero Pedrayo celebran os 50 anos
Público asistente á mesa redonda na Casa de Cultura de Cee este venres I Fuentes Cee

O instituto ceense Agra de Raíces e o colexio larachés Ramón Otero Pedrayo celebran este fin de semana o medio século de vida con diferentes actividades. No centro ceense xa comezaron onte cunha mesa redonda na Casa da Cultura co título “Un percorrido pola historia do ensino secundario e preuniversitario en Cee e na comarca”, na que interviron Artur Trillo, Sabela Ramos e Laura Suárez, moderada por Pepe Formoso. 
Para esta tarde haberá unha conferencia na que participarán antigos alumnos como o exministro Francisco Caamaño; a alcaldesa, Margot Lamela; e o director, Manuel Antelo, entre outros. Tamén haberá música por parte  de alumnado do centro. 


Na Laracha este celebran por todo o alto o medio século do Otero Pedrayo, con diferentes actividades durante todo o día. A xornada festiva comezará ás 12.00 coa apertura de portas, logo acto inaugural, sesión vermú, comida e diversas actuacións. No acto participará a directora xeral de Innovación da Xunta, Carmen Cotelo Queijo, precisamente, con raíces en Cabovilaño.  


Baixo o lema  ‘50 aniversario CEIP Ramón Oterro Pedrayo. 50 anos formando futuros, creando recordos e construíndo soños’, a festa reunirá a antigos, alumnos, mestres, familias e traballadores do centro.

O IES Agra de Raíces de Cee e o colexio larachés Otero Pedrayo celebran os 50 anos

Te puede interesar