A Fundación Pondal entrega os premios Bos e Xenerosos

A Fundación Pondal entrega os premios Bos e Xenerosos
O río de Vaa de Malpica acolleu onte a obra “Muiñada” de Galeatro | cedida

A Fundación Pondal de Ponteceso entregará a mañá deste domingo no Couto os premios Bos e Xenerosos, que concede este ano ao director da fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade Calvo; o físico e catedrático baiés, Jorge Mira, o fotoxornalista José Manuel Casal, a arqueóloga Ana Romero Masiá, e a artista muxiá Viki Rivadulla. 


A entrega dos premios, incluída no programa “ Odezasete” polo Día das Letras, será despois da ofrenda floral prevista para as 12 horas. Os presentes tamén poderán gozar da exposición exterior “Corenta anos…cantas cousas non pasaron”. 


Na xornada tamén haberá actividades polo Día das Letras na Laracha, coa exhibición de danza tradicional das asociacións Santa María de Torás, Queiroga de Paiosaco e Arume de Caión, ás 18 horas na praza Olonne Sur Mer. 


En Vimianzo ás 17 horas comezará na Praza do Concello a Festa das Vimiletras, con Migallas teatro, inchables e animación.

A Fundación Pondal entrega os premios Bos e Xenerosos

Te puede interesar