Carballo pon en marcha unha campaña para "presumir" de lingua

Carballo pon en marcha unha campaña para "presumir" de lingua
O alcalde de Carballo coa chapa promocional do galego

O Concello de Carballo, a través do departamento de Normalización Lingüística, aproveitando a celebración das Letras Galegas, acaba de poñer e marcha unha campaña para a promoción da lingua galega e que “o Día das Letras Galegas sexa todos os días o ano”. Asi, aninman a todo o persoal a “presumir de lingua”, coa iniciativa “En galego porque si”. 


O alcalde, Evencio Ferrero, foi o primeiro que se sumou a proposta o pasado venres, lucindo a súa chapa vermella identificativa. A súa imaxe foi difundida a través das redes sociais, e así se seguirá facendo nos vindeiros días con traballadores e políticos do Concello para a promoción da lingua galega co lema da campaña “En galego porque si”, que se basea no popular poema de Celso Emilio Ferreiro. Na campaña empregarase o hagstag #engalegoporquesi. 

 

Centros educativos 


Por outra banda, institutos da Costa da Morte que formaron parte da campaña “Falemos + galego” celebrarán o vindeiro 20 de xuño a gala final en Cee, onde se elixirá a persoa gañadora do slogan. Os centros participantes son o IES Eduardo Pondal de Ponteceso, o CPI Cabo da Area de Laxe, CPI de Zas, IES Maximino Romero de Lema de Baio (Zas), Pedra da Aguia de Ponte do Porto (Camariñas), Terra de Soneira de Vimianzo, Ramón Caamaño de Muxía, Fernando Blando de Cee, Agra de Raíces de Cee, CPR Nosa Señora do Carme de Fisterra, IES Fin do Camiño (Fisterra), CPI A Picota (Mazaricos) e IES Lamas de Castelo, de Carnota. 


Despois de elixir un gañador por centro, ese día o xurado dará a coñecer a mellor proposta a nivel comarcal. Tamén haberá varias intervencións musicais como Antía Muíño, Caamaño & Ameixeiras ou Aroa Sendón, entre outras. 

Carballo pon en marcha unha campaña para "presumir" de lingua

Te puede interesar