Carballo oferta un obradoiro de acollemento lingüístico para persoas de fóra de Galicia

Carballo oferta un obradoiro de acollemento lingüístico para persoas de fóra de Galicia
Maruxa Suárez, concelleira de Normalización Lingüística

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo comeza o ano con forza, e despois da gala de entrega dos Premios Youtubeiras, que se celebrará o 28 deste mes no Pazo da Cultura, en febreiro comezarán dúas interesantes accións formativas.


Por unha banda, para as persoas de fóra de Galicia está programado un obradoiro de acollemento lingüístico, no cal, ao longo de 30 horas de duración, os-as participantes entrarán en contacto coa lingua e a cultura galegas. 


O curso, que se celebrará sempre que haxa un grupo mínimo de 20 inscritos, inclúe un manual de contidos para o alumnado. As clases serán todos os xoves, de 18.00 a 19.30 horas, dende febreiro ata xuño.

 

Por outra banda, este ano repítense os cursos preparatorios das probas Celga 2, 3 e 4 para os que será preciso contar cun mínimo de 10 participantes.

Carballo oferta un obradoiro de acollemento lingüístico para persoas de fóra de Galicia

Te puede interesar