A Deputación percorre espazos vinculados ao poeta Paco Souto en Malpica e Santiago

A Deputación percorre espazos vinculados ao poeta Paco  Souto en Malpica e Santiago
Paco Souto, nun acto literario en 2016

A área de Lingua da Deputación Provincial, en colaboración coa editorial Caldeirón, organiza un percorrido por espazos vinculados ao poeta, editor, activista social e cultural Paco Souto en Malpica e Santiago. Deste xeito preténdese visibilizar a figura de Paco Souto (A Coruña, 12 de outubro de 1962-Razo, 30 de marzo de 2017).


O autor non chegou a ver en vida a publicación do seu poemario “Luz de incendios”, no 2019, obra que tamén se “confinou” logo coa chegada da pandemia. Por iso, segundo explicou este luns a deputada de Lingua, Soledad Agra, “queremos renderlle homenaxe lendo a súa obra, axudando a visibilizala, mais tamén lembrando aqueles espazos en que fixo activismo, poesía, traballo de base, asociacionismo”.


Os roteiros terán lugar o 16 de setembro en Malpica e o 30 do mesmo mes en Santiago. Contarán coa participación de poetas como Xosé Iglesias e Rosalía Fernández Rial, que lerán textos de Paco Souto. Os dous roteiros estarán guiadas por Miro Villar (escritor e amigo do autor homenaxeado) e finalizán coa actuación musical de Serxio Moreira. 

A Deputación percorre espazos vinculados ao poeta Paco Souto en Malpica e Santiago

Te puede interesar